Servizos

Desbroces de fincas

Desbroce e limpeza de fincas, terreos e monte para prevención de incendios e acondicionamento de parcelas.

Unha finca ou un monte limpo é máis seguro e máis fácil de manter. Realizamos desbroces de maleza en fincas particulares, terreos agrícolas e zonas forestais, cumprindo coas franxas de xestión de biomasa esixidas para a prevención de incendios.

Traballamos con maquinaria propia axeitada tanto para pequenas parcelas coma para grandes extensións de terreo.

  • Desbroce de maleza e vexetación
  • Limpeza de fincas e parcelas particulares
  • Xestión de biomasa e franxas de prevención de incendios
  • Acondicionamento de terreos antes de plantar ou construír
  • Desbroce de camiños e accesos
  • Retirada de restos vexetais

Traballos realizados

Se tes unha finca ou un monte que precisa limpeza, pídenos orzamento e valorámolo sen compromiso.

¿Falamos do teu xardín ou finca?

Chámanos, escríbenos por WhatsApp ou pide orzamento sen compromiso.