Servizos
Mantemento de xardíns e fincas
Coidado continuo de xardíns, espazos verdes e fincas para que estean sempre en perfecto estado, na estación que sexa.
O mantemento dun xardín non remata cando se corta a herba. É rego, é abonado, é anticiparse ás pragas e é coidar cada detalle ao longo do ano para que o espazo verde manteña o seu aspecto en calquera época.
Ofrecemos contratos de mantemento continuado tanto para vivendas particulares coma para comunidades de veciños, empresas, concellos e residencias de anciáns, adaptando a frecuencia de visitas ás necesidades de cada xardín ou finca.
- Sega e coidado de céspede
- Aireado e escarificado de céspede
- Colocación de tepes e céspede natural
- Instalación e mantemento de sistemas de rego
- Control de pragas e enfermidades
- Abonado e tratamento de terreo
- Acondicionamento de xardíns en residencias de anciáns
- Mantemento de espazos verdes de comunidades e empresas
Traballos realizados



Se buscas unha empresa que se ocupe do teu xardín durante todo o ano, sen ter que preocuparte de nada, fálanos.
¿Falamos do teu xardín ou finca?
Chámanos, escríbenos por WhatsApp ou pide orzamento sen compromiso.