Servizos

Podas de frutais, sebes e viña

Poda de todo tipo de frutais, sebes e viñas, e traballos forestais para manter as túas árbores e o teu terreo saudables.

Cada especie ten a súa época e a súa técnica de poda. Por iso coidamos cada corte para favorecer a produción dos frutais, a saúde da viña e o aspecto ordenado das sebes e setos ornamentais.

Tamén realizamos traballos forestais: corta e desrame, xestión de arboredo e limpeza de zonas boscosas dentro das fincas que xestionamos.

  • Poda de frutais de todo tipo
  • Poda de viña
  • Poda e recorte de sebes e setos ornamentais
  • Poda de formación e mantemento de arboredo
  • Traballos forestais: corta, desrame e limpeza
  • Retirada e trituración de restos de poda

Traballos realizados

Pregúntanos pola mellor época para podar as túas árbores ou sebes e organizámoslle un plan.

¿Falamos do teu xardín ou finca?

Chámanos, escríbenos por WhatsApp ou pide orzamento sen compromiso.